Cinema familiar: “Eroski Paraíso”

| Sábado 3 de xullo. 2021
| Ás 22:00 h.
Centro Cultural A Forna de Budiño » ver mapa
| Sábado 10 de xullo. 2021
| Ás 22:00 h.
Asociación Cultural de Chenlo » ver mapa
| Sábado 17 de xullo. 2021
| Ás 22:00 h.
AA.VV. San Salvador de Torneiros » ver mapa

Cinema familiar: "Eroski Paraíso"

Incluído no programa “A Cultura viaxa ás parroquias”.


Eroski Paraíso

Título orixinal: Eroski Paraíso
Ano: 2019
Duración: 75 min.
País: España
Dirección: Jorge Coira e Xesús Ron
Guion: Xesús Ron, Miguel de Lira, Manuel Cortés e Patricia De Lorenzo | Obra: Chévere
Música: Xavier Font
Fotografía: Lucía C. Pan
Interpretación: Patricia De Lorenzo, Miguel de Lira, Cristina Iglesias, Ana Santos, Federico Pérez, Fidel Vázquez…
Produtoras: OlloVivo Producións e Chévere Visión
Xénero: Comedia, drama


Sinopse:
Álex, unha nova cineasta, quere filmar un documental sobre os seus pais, que se coñeceron en Muros na sala de festas Paraíso, en 1989. Ela tiña 19 anos, el 25. Como tantas outras familias, emigraron e andaron dando tumbos dun lado a outro, deixando que a vida decidise por eles. Vinte e cinco anos despois, atopamos a Eva de volta en Muros coidando do seu pai e traballando no supermercado que abriron no mesmo local que ocupaba a sala de festas. Antonio segue en Canarias. Álex acaba de terminar un máster de cinema en Barcelona e viaxa ao seu pobo natal para facer o seu primeiro documental. Unha película sobre os seus pais, sobre a distancia que as súas vidas abriron entre aquel paraíso e este supermercado, un retrato do desarraigamento vital de toda unha xeración.



Cinema familiar: "Eroski Paraíso"


A cultura viaxa ás parroquias. Xullo


Cabecera-web-ecultura.png