Cinema familiar: Meñique y el espejo mágico

| Venres 1 de outubro. 2021
| Ás 22:00 h.
Auditorio exterior do Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Aforo limitado

Cinema familiar: Meñique y el espejo mágico. Festas do Cristo 2021. Concello do Porriño

Incluído na programación das Festas do Cristo 2021.


Meñique y el espejo mágico

Título orixinal: Meñique y el espejo mágico
Ano: 2014
Duración: 78 min.
País: Cuba
Directora: Ernesto Padrón
Guion: Ernesto Padrón. Historia original: José Martí. Cuento: Édouard René Lefebvre de Laboulaye
Música: Manuel Riveiro
Produtoras: Coproducción Cuba-España; Ficción Producciones.
Xénero: Animación


Sinopse:

Meñique é a historia dun pequeno campesiño que quere sacar á súa familia da pobreza. Unha praga de insectos e o encontro co Espello Máxico, son os sucesos que o levarán á aventura. O Espello Máxico revélalle quen é a muller dos seus soños e anímao a ir á cidade xunto aos seus irmáns para atopar a esa muller.

De camiño á cidade, Meñique dáse conta de que un enorme carballo encantado ten ao Palacio do Rey nas tebras e sen auga. Meñique sorpréndese ao comprobar que a princesa é a “media laranxa” que lle mostrou o Espello Máxico.

Ao redor da cidade, unha enorme favela é o fogar dos pobres. Unha misteriosa ladroa rouba no palacio para repartir o botín entre os seus habitantes. Ela tamén roubará o corazón de Meñique e poñerá en dúbida a predición do Espello Máxico.


A película é unha versión libre do conto de para nenos “Pulgarcito”, do francés Édouard de Labouyale, que foi adaptado polo heroe nacional cubano José Martí para a súa revista infantil “La edad de oro“. Meñique é unha metáfora da sabedoría e intelixencia e no que se enxalza valores como o amor, a amizade, a honra e a xustiza.

Outro dos grandes valores culturais engadidos de Meñique corresponde á banda sonora, que conta con cancións compostas polo cantautor cubano Silvio Rodríguez, interpretadas, para a versión española e inglesa, polos artistas Roko e Xuso Jones e a dirección musical é do músico galego, Manu Riveiro.



Cinema familiar: Meñique y el espejo mágico. Festas do Cristo 2021. Concello do Porriño


Cartel Festas do Cristo 2021. Concello do Porriño


Cabecera-web-ecultura.png