| Sábado 4 de xuño 2022 (en caso de choiva aprazarase)
| Ás 22:00 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa
Valentina
Título orixinal: Valentina
Ano: 2021
Duración: 70 min.
País: España
Directora: Chelo Loureiro
Guion: Lúa Testa, Chelo Loureiro
Música: Nani García
Produtoras: Abano Producions, Antaruxa, El Gatoverde Producciones
Xénero: Animación, musical, infantil
Sinopse:
Valentina soña con ser trapecista, pero cre que nunca poderá conseguilo por ter síndrome de Down. A súa avoa – que lle ensina a xogar ao xadrez e un montón de cancións – anímaa sempre a perseverar: Si os vermes conseguen converterse en bolboretas, nada é imposible. Nunca debemos perder a ilusión nin as gañas de aprender; mírame a min, eu aínda estou decidida a ser directora de orquestra algún día! Pero Valentina non está moi convencida, pensa que un verme é demasiado noxento para converterse en bolboreta… Como será esa metamorfose da que fala a avoa? Cando se dispón a preguntarllo, Papá e Mamá danlle unha desconcertante noticia: a Avoa foise de viaxe. De viaxe? Sen se despedir?!