Cinema infantil: “O soño dunha noite de San Xoán”

| 9 de decembro. 2016
| Ás 18:00 h.
Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa

O soño dunha noite de San Xoán

Din as lendas que unha noite ao ano, no San Xoán, os humanos poden acceder ao Mundo Máxico. Elena, intelixente pero pouco soñadora, non cre en contos. Pero cando cae enfermo seu pai, o duque Teseo, ela está disposta a calquera cousa para lle devolver a ilusión. Mesmo ir na procura de Titania, raíña das fadas. Sen embargo, o Mundo Máxico xa non é o que era, pois malgobérnao o rei Oberón, quen comercia cos feitizos axudado polo trasno Perecho. Baseada na obra de William Shakespeare.


Cabecera-web-ecultura.png