Cinema na rúa: “O Apóstolo”

| Sábado 8 de agosto. 2020
| Ás 22:30 h.
Asociación Veciñal e Cultural As Mimosas de Carracido » ver mapa

O Apóstolo


Da man do Rebobina Cine Clube.

Título orixinal: O Apóstolo
Ano: 2012
Duración: 72 min.
País: España
Director: Fernando Cortizo
Guion: Fernando Cortizo
Música: Xavier Font, Arturo Vaquero e Philip Glass
Fotografía: Matthew Hazelrig
Produtora: Artefacto producciones
Xénero: animación


Sinopse:
Un preso recentemente fuxido do cárcere tenta recuperar o botín que escondeu uns anos antes nunha remota e solitaria aldea; pero o que alí se atopa supón unha condena peor que o cárcere. Sinistros anciáns, estrañas desaparicións, espíritos, un peculiar sacerdote e ata o mesmísimo arcipreste de Santiago protagonizan unha historia de terror, humor e fantasía. Primeira produción de stop-motion con plastilina feita en España. Conta coas voces de Luís Tosar, Geraldine Chaplin, Manuel Manquiña, Jorge Sanz e Paul Naschy entre outros.



Cartel O Apóstolo


Cabecera-web-ecultura.png