| Sábado 11 de xullo. 2020
| Ás 23:00 h.
| Barrio de San Sebastián » ver mapa
Filme dramático galego de 2019 dirixido por Óliver Laxe e co-escrito por Laxe e Santiago Fillol. Está ambientado na Galicia rural e aborda a problemática da desaparición do rural e dos lumes forestais. O elenco está composto por actores non profesionais da zona da serra dos Ancares, e está protagonizado por Amador Arias no papel de Amador Coro, un pirómano que sae do cárcere logo de ser condenado como o responsable dun incendio, e Benedicta Sánchez no papel de Benedicta, a súa nai.
Estreouse na sección “Un Certain Regard” do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2019, onde gañou o premio do Xurado, sendo a terceira vez que un filme de Laxe participa no concurso do certame francés e a primeira que un filme en galego é proxectado na sección oficial. É o filme en galego con maior recadación e o máis visto da historia, con máis de 95.483 espectadores nos cinemas logo da súa estrea.
O crítico Thomas Baurez da revista francesa de cinema Première calificou o filme como “un filme incandescente e poderoso”. Nunha recensión para a revista de entretemento estadounidense The Hollywood Reporter, David Rooney chamouno “unha obra bela e melancólica, dunha sensibilidade penetrante”.
Título orixinal: O que arde
Ano: 2019
Duración: 89 min.
País: Galicia (España)
Director: Oliver Laxe
Guion: Santiago Fillol, Oliver Laxe
Fotografía: Mauro Herce
Produtora: Coproducción España-Francia-Luxemburgo; 4A4 Productions, Miramemira, Tarantula
Xénero: Drama
Sinopse:
Ninguén espera a Amador cando sae do cárcere tras cumprir condena por provocar un incendio. Regresa á súa casa, unha aldea perdida das montañas lucenses, onde volverá convivir, ao ritmo sosegado da natureza, coa súa nai, Benedicta, a súa cadela Luna e as súas tres vacas.
FESTAS DE SAN BIEITO
PROGRAMA
Actuación da arpista Marta Quintan [ + info ]
Sábado 11 de xullo • Ás 21:00 h. • Praza de San Bieito
Cinema na rúa: “O que arde” [ + info ]
Sábado 11 de xullo • Ás 23:00 h. • Praza de San Sebastián
Actuación do grupo Xardín desordenado [ + info ]
Domingo 12 de xullo • Ás 21:00 h. • Praza de San Bieito
Visita guiada ao cultivo de vimbeiras de Julia de la Cal [ + info ]
Monitorización de Faia Educación Ambiental
Luns 13 de xullo • Ás 18:00 h. • Saída desde a praza de San Bieito
> Require inscricción previa
Actuación do dúo Lagoa Folk [ + info ]
Luns 13 de xullo • Ás 20:00 h. • Praza de San Bieito
Tramas de vimbios, achega á cestería + Conversa coa artesá Julia de la Cal + Visionado de documental sobre a cestería + Producción final do conxunto escultórico
Luns 13 de xullo • Ás 21:00 h. • Praza de San Sebastián
Tirada de fogos de artificio
Luns 13 de xullo • Ás 23:00 h. • Barrio de San Bieito