Cinemaldea 2024

ACTUALIZACIÓN: Aprazado o Cinemaldea do sábado 2 de novembro, comunicarase nova data

| Días 2, 3, 10,16, 17, 24 e 30 de novembro. 2024
| Parroquias do Concello do Porriño
| Entrada libre e de balde ata completar prazas

Cinemaldea 2024

Organiza: Concello do Porriño | Promove: Asociación Cultural Arela


Cuarta edición de Cinemaldea, a iniciativa que o Concello do Porriño e o Festival de Cans promoven, para achegar as curtas premiadas en Cans ás zonas rurais do municipio, ao longo das fins de semana do mes de novembro.

En cada sesión proxectaranse as curtas “O Frío” de Pablo Dopazo, que ademais do Premio Estrella Galicia do Xurado á mellor curta, levou na última edición o Premio á Mellor Dirección e o Premio AISGE ao mellor actor para José María Sanjurjo; a curta “Alguén me chamou serpre negra” de Borja Santomé, Premio á Mellor Curta de Animación e “Betas” de Senín Porto, á que os espectadores concederon o Premio do Público. Ademais tamén se proxectará “Vinte en Cans”, o documental de Javi Sobrado que recolle a vida na aldea durante a celebración da vixésima edición do festival. Algúns destes realizadores como Pablo Dopazo ou Senín Porto manterán coloquios co público nalgunhas das sesións programadas.

O obxectivo de Cinemaldea é achegar o cinema e as novas e novos creadores ás parroquias que habitualmente non teñen acceso ao cinema, e ao mesmo tempo promocionalo en contextos rurais.


PROXECCIÓNS

  • Centro Cultural e Veciñal As Mimosas de Carracido:
    Sábado 2 de novembro, ás 19:30 h Evento aprazado
  • Asociación A Lagoa de Orbenlle, en Budiño:
    Domingo 3 de novembro, ás 18:00 h
  • Asociación Cultural de Pontellas:
    Domingo 10 de novembro, ás 18:00 h
  • Asociación Cultural de Cans:
    Sábado 16 de novembro, ás 17:30 h
  • Asociación de Veciños San Salvador de Torneiros:
    Domingo 17 de novembro, ás 17:00 h
  • Asociación San Xurxo de Mosende:
    Domingo 24 de novembro, ás 18:00 h
  • Asociación Cultural Os Penediños de Atios:
    Sábado 30 de novembro, ás 18:00 h

Cinemaldea 2024


Cabecera-web-ecultura.png