| Días 8, 14, 15, 21, 22 e 28 de novembro. 2026
| Parroquias do Concello do Porriño
| Entrada libre e de balde ata completar prazas

Organiza: Concello do Porriño | Promove: Asociación Cultural Arela
Sexta edición de Cinemaldea, a iniciativa que o Concello do Porriño e o Festival de Cans promoven, para achegar as curtas premiadas en Cans ás zonas rurais do municipio, ao longo das fins de semana dos meses de outubro e novembro.
En cada sesión proxectarase:
- “Cans, unha aldea de cine“, documental de Javi Sobrado sobre a edición de 2025.
- “O corpo de Cristo” de Bea Lema. Premio á Mellor Curta de Animación e Premio á Mellor BSO.
- “Cara de cona” de Guillermo de Oliveira. Premio do Público á Mellor Curta de Ficción e Animación; e Premio á Mellor Interpretación Masculina.
- “María Rita” de Juan Barbazán. Premio á Mellor Curta de Ficción; Premio Especial do Xurado das Veciñas e Veciños á Mellor Curta de Ficción e Animación; e Premio á Mellor Dirección de Fotografía.
O obxectivo de Cinemaldea é achegar o cinema e as novas e novos creadores ás parroquias que habitualmente non teñen acceso ao cinema, e ao mesmo tempo promocionalo en contextos rurais.
PROXECCIÓNS
- Centro Cultural A Lagoa de Orbenlle:
Domingo 8 de novembro, ás 18:00 h - Centro Cultural A Forna de Budiño:
Sábado 14 de novembro, ás 19:00 h - Centro Cultural Casal Chan de Budiño:
Domingo 15 de novembro, ás 18:00 h - Centro Veciñal O Castelo de Cans:
Sábado 21 de novembro, ás 19:00 h - Centro Veciñal San Salvador de Torneiros:
Domingo 22 de novembro, ás 18:00 h - Centro Cultural Os Penediños de Atios:
Sábado 28 novembro, ás 18:30 h

