Circo menudo… menudo circo. Con Tanito e Máxico Brais

| Venres 2 de setembro. 2022
| Ás 19:30 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Circo menudo… menudo circo. Con Tanito e Máxico Brais

Un espectáculo da compañía Estrelas Máxicas


Un circo chega a unha praza onde non se puido instalar: problemas para pasar polas rúas, os permisos atrasáronse, non hai técnicos nin artistas… pero o que foi concibido como o maior espectáculo do mundo debe continuar. Nesta situación atópanse un Clown e un Mago que se atopan un escenario baleiro onde todo téñeno que facer eles.

Así é como se concibe “Circo menudo… menudoo circo” como un reflexo da realidade actual do mundo do circo. Cancións, maxia, humor e unha coidada posta en escena. Un espectáculo ideal para a familia ou o que é o mesmo, para nenos de 1 a 101 anos. Con este espectáculo, Estrelas Máxicas rende homenaxe ao mundo do circo.



Circo menudo… menudo circo. Con Tanito e Máxico Brais


Cabecera-web-ecultura.png