Concerto: Agrupación Musical do Porriño

| Domingo 11 de xullo. 2021
| Ás 13:00 h.
Praza de San Bieito » ver mapa

Concerto: Agrupación Musical do Porriño. SAN BIEITO 2021

Evento incluído na programación das festas de San Bieito 2021


A Agrupación Musical do Porriño nace no ano 2016, vindo vinculada coa Banda de Música da Escola Municipal de Música do Porriño e baixo a batuta do mestre Javier Domínguez Millán.

A banda que conta cunha trintena de músicos e cun amplo repertorio de pasodobres, música de bandas sonoras, obras sinfónicas, música tradicional galega ou ata música actual.

Ten participado nos festivais da Escola Municipal, en festivales de Bandas: Salvaterra, Belesar,Goián, San Miguel de Oia,Infesto… ou en festas tocando no enterro da sardiña nos carnavais, no festival de Cans, nas festas de San Bieito, nas do Cristo de Porriño ou en gravacións de panxoliñas para as festas de nadal do concello de Porriño.

Dende o ano 2019 asume a dirección o mestre David Trastoy Oseira.


PROGRAMACIÓN FESTAS DE SAN BIEITO 2021


Festas de San Bieito 2021


Cabecera-web-ecultura.png