| Venres 27 de decembro. 2019
| Ás 18:00 h.
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa
| En caso de choiva, trasladarase á Carpa do Roxy
O venres 27 O Porriño acollerá un concerto moi especial, para o goce dos máis pequenos e as porriñesas e porriñeses en xeral: As Maimiñas e as Panxoliñas + Noemí Fernández
As Maimiñas e as Panxoliñas
As Maimiñas – dúo integrado por dúas profesoras de música: Lucía Lago, Mai, e Irene Álvarez Lago, Miña – visitan O Porriño para convidar a nenos e maiores a gozar dunha tarde navideña de música, baile e alegría.
As cancións que cantaban aos seus propios fillos e as invitacións para acudir aos colexios destes foron a semente da carreira artística de As Maimiñas. Nos seus espectáculos combinan as cancións e os contos e defenden de forma activa a educación dos pequenos en galego.
Noemí Fernández
Noemí empezou canto e piano aos 11 anos, e desde entón está a loitar polo seu soño. Con 13 anos apuntouse a clases de guitarra e presentouse á Voz Kids pero non deu resultado. Aos 15 anos volveu intentalo e quedou finalista no equipo do cantante Melendi. Baixo o paraugas deste artista, esta moza de 15 anos e veciña do Porriño fíxose co público grazas as súas postas en escea.
Noemí vai representar a España na final do concurso europeo “Tour Music Fest” que se celebrará en Roma o día 7 de decembro. Competirá cos representantes do Reino Unido, Italia, Malta e Suiza. A cantante porriñesa de tan só 17 anos acadou participar na final do “Tour Music Fest” superando a máis de noventa concursantes procedentes doutras comunidades na proba nacional que se celebrou en Madrid. Noemí gañou coa súa interpretación de “Rise up” na que tamén tocou o piano.