Concerto: Banda Ateneo Musical de Bembrive

| Venres 27 de setembro. 2024
| Ás 19:00 h
Praza do Cristo » ver mapa

Concerto: Banda Ateneo Musical de Bembrive

Federación Galega de Bandas de Música Populares


Creado o 1 de outubro de 1994 baixo a iniciativa de Roberto Carlos Lobato Abalde, quen con 20 nenos e nenas inicia a sua andaina. En febreiro de 1996 asume este reto D. Javier González Lamas, creando unha escola de música.

O 19 de decembro de 1996 actúa por primeira vez no auditorio do Centro Cultural Helios de Bembrive, pero non é ata o 6 de febreiro de 1999 cundo fai a sua presentación oficial, sendo apadriñada pola banda de música Agrupación musical do Rosal. O 30 de maio de este mesmo ano se presenta no auditorio do Concello de Vigo.

A partir de aquí os concertos se empezan a facer cunha maior asiduidade , poidendo destacar os seguientes: concierto de veran na Alameda do Torreiro de Bembrive, actuando conxuntamente coa banda de música La Primitiva de Rafael Buñol, concerto de solistas no auditorio do Centro Cultural Caixanova, inauguración do novo auditorio do Centro Cultural Helios de Bembrive, etc. Tamén son de destacar as suas actuacions en diversos festivais tanto en España como en Portugal como o demostran os concertos realizados no Norte de Portugal así coma en Navarra e Toledo.

En 2019 outórgaselle a insignia “mazá de ouro” pola súa labor social, educativa e cultural, asi como tamén realiza a estrea en exclusiva de duas obras : “Himno de Bembrive” e “Cachafondo” de Marcos Castro.

Dende xaneiro de 2020 asume a dirección da banda D. Iván Carreira.




Cartel Festas do Cristo 2024


Cabecera-web-ecultura.png