Concerto: Banda de Acordeóns Metropolitana

| Sábado 11 de marzo. 2023
| Ás 20:00 h
Círculo Recreativo Cultural » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar prazas

Concerto da Banda de Acordeóns Metropolitana


A Banda de Acordeóns Metropolitana comeza a súa traxectoria no ano 2021 como un complemento a formación dos alumnos do mestre de acordeón Juan Bande.

O obxectivo é que os alumnos aprendan a tocar en grupo e que sexan capaces de tocar cara ó público ofrecendo un repertorio variado e entretido.

A B.A.M. está formada por 38 acordeonistas que interpretan temas clásicos e populares de diferentes ritmos e estilos buscando unha proposta orixinal facendo arranxos de grupos pouco frecuentes dentro dos grupos de acordeóns.


Banda de Acordeóns Metropolitana


Cabecera-web-ecultura.png