| Mércores 13 de setembro. 2023
| Ás 21:00 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa
A banda de gaitas Irmandade é unha banda de gaitas tradicional Galega, pertencente ao Centro Social Cultural e Deportivos de Bolos Val Miñor de Montevideo – Uruguay. Esta banda foi creada a principios do ano 2003 en dita institución por iniciativa dun grupo de xóvenes descendentes de galegos, para poder continuar coa tradición musical dos seus pais e avós.
Desde o seu comenzo ata hoxe está dirixida por Carlos González, fillo de inmigrante galego da zona de Baiona, comarca que xunto a Nigrán e Gondomar forman o que se coñece como Val Miñor.
Carlos González ademais imparte clases nos distintos Centros Galegos de Uruguay, sendo actual vicepresidente de mencionada institución.
Nos inicios estaba formada por unhas 12 persoas, na súa maioría descendentes de galegos, na actualidade son máis de 16 persoas, con integrantes que varían tanto en idade coma na súa descendencia.
É unha banda denominada tradicional xa que tanto o seu repertorio como o seus instrumentos son de orixe tradicional.
Cabe destacar que en Uruguay é a única Banda de Gaitas Galega existente, participando non só das actividades do seu centro (Valle Miñor) senon tamén das actividades de outros centros amigos como de toda a colectividade galega e española no Uruguay.
Por motivo da celebración dos seus 20 anos de existencia, a banda decide cumprir o seu sono de poder actuar e participar de festas na terra dos seus antergos. Por iso, cunha representación de 10 integrantes, neste mes de setembro viaxa a Galicia para poder facer realidade este obxectivo de amosar o que facn con moita paixón e agarimo, desde hai xa 20 anos.