Concerto: Banda de Gaitas San Xoán de Paramos

| Domingo 1 de outubro. 2023
| Ás 20:00 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Concerto: Banda de Gaitas San Xoán de Paramos

A Banda de Gaitas San Xoán de Paramos nace en maio de 2007 no Centro Cultural Laxes, baixo a dirección de José Manuel Caballero Fernández como profesor de gaita e percusión, e actual director da Banda. Comenzando, nese momento, a formar a músicos, algúns con coñecementos musicais pero a gran maioría sen contacto previo coa música.

No ano 2013 incorpórase, como profesor de percusión Sergio Caballero que continua, na actualidade dirixindo a sección de percusión.

A primeira actuación da Banda de Gaitas San Xoán de Paramos, foi en decembro de 2008, no festival de nadal da Asociación Cultural , ao que logo seguirían actuacións no Concello de Tui, en toda Galicia, norte de Portugal, Asturias, Madrid, Cantabria, Zamora, Cataluña, Alemaña…

No 2020 participaron, como convidados, no desfile do día de San Patricio (día de Irlanda) en New York.

Na actualidade está formada por 70 compoñentes, e conta cunha numerosa canteira formada por alumnado de todas as idades, que reciben clases de linguaxe musical, gaita e percusión tradicional.

A Banda de Gaitas San Xoán de Paramos, busca manter a tradición musical de Galicia, tocando pezas tradicionais galegas, aínda que tamén inclúe repertorio portugués e incorporando pezas propias ou de outros autores contemporáneos. Con este reperterio xunto coa incorporación doutros instrumentos, alén dos tradicionais, queren dar unha visión particular, con pequenos rascuños de modernidade, de ver, e como non podería ser doutro xeito, defender e dignificar a música tradicional galega.



Concerto: Banda de Gaitas San Xoán de Paramos


Cabecera-web-ecultura.png