| Domingo 27 de setembro. 2026
| Ás 19:30 h
| Rúa Domingo Bueno » ver mapa

A Banda de Gaitas de Paramos nace en maio de 2007 no Centro Cultural Laxes, baixo a dirección de José Manuel Caballero Fernández. Desde a súa primeira actuación, no Festival de Nadal de 2008, a formación levou a súa música por numerosos puntos de Galicia, España e Portugal, ademais de participar en encontros internacionais en países como Alemaña.
Entre os fitos máis destacados da súa traxectoria atópanse a participación no festival European is Dancing in Versmold (Alemaña) en 2013, o primeiro premio na XXVI Liga de Bandas de Gaitas en 2017 e a organización, entre 2015 e 2019, do Encontro de Bandas de Gaitas “Cidade de Tui”.
En 2022, a banda viviu unha das súas experiencias máis importantes ao viaxar a Nova York para participar no Saint Patrick’s Day Parade, ademais de ofrecer diferentes actuacións en Queens e Nova Jersey.
Na actualidade, conta con máis de 50 compoñentes e cunha ampla canteira de alumnado de todas as idades. O seu repertorio combina a tradición musical galega con pezas portuguesas e outros estilos, incorporando tamén instrumentos pouco habituais nas bandas de gaitas para achegar unha visión máis contemporánea á música tradicional.

