| Domingo 29 de setembro. 2024
| Ás 12:00 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa
A Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas ten unha tradición máis que centenaria que se remonta ao ano 1892. Co seu rexurdimento en 1982 despois da Guerra e no longo dos anos, a formación percorreu mundo participando en diferentes certames, concursos e intercambios culturais e obtivo varios galardóns, destacando o 1° premio no I e IX Certame Internacional de Bandas de Música “Villa de Aranda” e o Premio á mellor banda de Música Popular na X edición dos Premios Martín Códax da Música co proxecto “De tradición” con Suso Vaamonde.
O actual director, Juan Lois Diéguez, leva dirixindo e acompañando a esta banda na súa andadura dende o 2014. Ademais, durante toda a súa traxectoria, esta banda interpretou diversos estilos musicais, colaborando con diferentes grupos e artistas como Suso Vaamonde, Pelepau e Antonio Barros entre outros. Unha banda inverosímil, que tanto amosa o seu lado tradicional e sinfónico, como rompedor e innovador, sen deixar nunca de sorprender.