Concerto: Banda de Música Municipal de Salceda

| Domingo 2 de outubro. 2022
| Ás 20:00 h
Praza do Cristo » ver mapa

Concerto: Banda de Música Municipal de Salceda

Salceda de Caselas posúe unha longa tradición en bandas de música que se remonta ao ano 1892, ano da fundación da primitiva Banda. Tras varios altibaixos, a irrupción da Guerra Civil provoca a súa desaparición. A actual banda de música nace froito dunha idea de Rogelio Follea, en 1982.

Foron tamén directores da Banda de Música de Salceda de Caselas: Delio Represas, Julio César Mariñas Iglesias, Miguel Aguilar Alfonso, Francisco Pérez Rodríguez, José Ángel Presa Carreira que permanece ata o 2005, ano no que se inicia unha nova etapa co director Asterio Leiva Piñeiro. O actual director é Juan Lois Diéguez.

Desde a fundación da nova banda, sucédense actuacións por toda a xeografía galega e norte de Portugal á vez que a banda vai crecendo en calidade e prestixio. En cuantos aos galardóns obtidos máis importantes cabe destacar: finalista no II Certame Galego de Bandas de Música organizado pola Consellería de Cultura dá Xunta e a RTVG, 1996, Primeiro Premio Especial no II Certame Internacional de Bandas de Música Ciudad de Cullera (Valencia), 2000, Primeiro Premio no I Certame Internacional de Bandas de Música “Villa de Aranda”, 2000, Primeiro Premio e Segundo Premio no Certame Provincial de Bandas de Música “Deputación provincial de Pontevedra”, 2001, 2002 e 2006, así como o Premio “Manuel Quiroga” ao Mellor Director.

Na actualidade a Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas está composta por 80 músicos. Ademais, posúe Escola de Música propia con máis de 100 alumnos, distintas agrupacións camerísticas, grupo de vento-metal e Banda Xuvenil da Escola de Música.

A Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas obtivo o Primeiro Premio no I Certame Internacional de Bandas de Música “Villa de Aranda”, 2000, baixo a batuta de D. Francisco Pérez Rodríguez.




Cabecera-web-ecultura.png