Concerto: Banda de Música Unión de Guláns

| Domingo 12 xuño
| Ás 11:00 h
Barrio de San Bieito » ver mapa

Concerto: Banda de Música Unión de Guláns

Pasarrúas desde a praza do Cristo ata o barrio de San Bieito, a continuación concerto.


Programa

  • Suspiros de España, Antonio Álvarez
  • Waltz Nº 2, Dmitri Shostakovich
  • ABBA Gold, Ron Sebregts
  • Pops in the spots, Roland Kernen
  • Bolero Medley II, José Molina
  • Namoriqueira, José Carracedo
  • Os Tamara, arr. Alicia Porto
  • Bella Ciao, arr. Alicia Porto
  • Madrecita María del Carmen, Manolo Escobar

En 1870, en Guláns, aldea da vila de Ponteareas, provincia de Pontevedra, nace a banda de música “Unión de Guláns”, unha das máis antigas de Galicia.

O seu fundador e primeiro director foi D. José Carracedo Dominguez. Por tradición familiar o seu fillo Constante e despóis o seu neto José, sucedérono coma directores, mantendo así viva esta agrupación musical ata o ano 1947.

Da escola de música da Unión de Guláns así como da participación na banda, xurdiron recoñecidos músicos, tanto a nivel instrumentista como directores e compositores. A xeito de exemplo podemos citar a D. Rogelio Groba Groba, director da Unión de Guláns de 1947 a 1952 e posteriormente director da Banda de Música Municipal de A Coruña durante máis de vinte anos, sendo o mesmo tempo director do Conservatorio de Música da mesma cidade, consagrándose neste período como compositor de renome internacional.

Igualmente importantes despóis de 1952 e ata 1959, foron as participacións na banda como directores de D. Miguel Groba Groba e D. Indalecio Fernández Groba. 0 primeiro é actualmente director do Coro e Orquesta de Cámara da Comunidade de Madrid e profesor do Real Conservatorio de Música desa cidade. 0 segundo foi director de Banda de Música da cidade de Lugo, sendo actualmente e sucedendo a D. Rogelio Groba, director da Banda de Música Municipal de A Coruña.

A esta serie de directores gulanseses seguéronlle a partires de 1959 os foráneos D. Antonio Baquero, D. Francisco Rodríguez, D. José Fariñas e D. Rogelio Loureda, para en 1968 facerse cargo da batuta novamente outro discipulo da banda e gulansés: D. José Carracedo Pousada (bisneto do fundador), sendo baixo a súa dirección a Unión de Guláns galardonada no concurso de bandas populares da cidade de Ourense en 1971 . En 1972 e por mor do traslado de D. José Carracedo o Real Conservatorio de Música de Madrid, sucédeo no cargo novamente outro foráneo: D. Javier Basoco, seguido de D. Plácido Lorenzo, D. José Aradas, D. Alfonso Méndez, D. José Guillén e D. José Oro-Val, ata fináis de 1982.

No ano 1982 asume a dirección da banda outro xove do lugar, D. José Fernández Prego, que coma tódolos gulanseses anteriores é froito da formación musical que a agrupación mantén regularmente dende fai máis de cen anos. E así, chega a banda a fináis do 1991 no que de novo é necesario recurir a outro foráneo, neste caso o recoñecido músico Ourensán D. Hipólito Fernández Fernández, persoa que polos seus coñecementos, sensibilidade e entusiasmo constante conseguiu imprimir á Unión de Guláns unha nova dinámica, elevando o nivel artístico-musical da mesma a tal punto, que quizás nestes intres, sexa o mellor de toda a súa historia.

Durante estes últimos anos a batuta esta a cargo da xove promesa Srta. Alicia Porto, gulansesa e que como todos os seus conveciños que pasaron pola banda, xurde ela tamén da escola continua que a Unión de Guláns desenvolve.

A Unión de Guláns, está constituida por 50 compoñentes na súa grande maioría xoves que ademáis de participar na escola da banda, estudian cursos profesionáis de música e é de significar que máis de 80% dos participantes na mesma son naturais e veciños de Guláns. A banda interpreta os máis diversos xéneros musicáis tales como: clásica, zarzuela, lixeira, típica galega…



Cabecera-web-ecultura.png