Concerto: Brassica Rapa

| Sábado 10 de xullo. 2021
| Ás 21:00 h.
Praza de San Bieito » ver mapa

Concerto: Brassica Rapa. SAN BIEITO 2021

Evento incluído na programación das festas de San Bieito 2021


A primeira fanfarria do país 100% feminina. Reivindican a presenza da muller e levan a frescura alá onde os seus ritmos chegan.

Brassica Rapa ofrecen un espectáculo moi variado que mestura música instrumental e vogal coa multipercusión. O seu repertorio vai de grandes éxitos do pop á música tradicional galega, pasando por temas máis jazz, música actual reivindicativa ou bandas sonoras de películas. Recollen sobre todo influencias das brass bands neoiorquinas, pero tamén das big bands ou das charangas tradicionais. As compoñentes veñen de distintos percorridos dentro do mundo da música, e de agrupacións coma Liska!, Banda Xangai, Timparrantela ou Biribirlocke.



Concerto: Brassica Rapa. SAN BIEITO 2021


PROGRAMACIÓN FESTAS DE SAN BIEITO 2021


Festas de San Bieito 2021


Cabecera-web-ecultura.png