| Venres 27 de setembro. 2024
| Ás 22:30 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa
Broken Peach é o perfecto matrimonio entre The Supremes e The Who, é dicir, un grupo vocal feminino acompañado dunha sólida banda de rock.
Podería dicirse que son unha banda, podería dicirse que son un coro, ou podería dicirse que son un espectáculo para nenos e adultos… e a verdade, podería dicirse que son un pouco de todo. Crearon unha nova forma de fusionar a música co espectáculo tentando desmarcarse das típicas bandas de versións, dándolle un toque persoal a cada un dos temas que interpretan. A súa formación habitual é de 3 a 5 voces, batería, baixo, guitarra e piano.
Unha das súas mellores bazas é ter unha estética tan elegante como extravagante que sitúan ao espectador en diferentes épocas e ambientes.
O seu eclecticismo músical viaxa desde o soul ata o rock, pasando polo gospel, funk, pop, etc.