Concerto: Carla Lourdes

Actualización: aprazado en abril e adiado para o domingo 7 de maio

| Sábado 22 de abril Domingo 7 de maio. 2023
| Ás 22:00 h ás 19:30 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Concerto: Carla Lourdes


Carla Lourdes é unha cantautora e compositora independente natural de Ponferrada (León) que reside en Vigo desde hai xa anos, onde desempeñou gran parte da súa carreira musical.

En xuño de 2021 lanza en todas as plataformas o seu primeiro single “Sin instrucciones”. Con el supera as 15.000 visualizacións en menos dunha semana. A este primeiro single seguíronlle “Si es contigo”, “Plan de altar” e “Canción pa´seguir viviendo”tres singles independentes que lanzou antes de publicar o seu primeiro EP, “El querer de las flores”, en maio de 2022.
Co seu último lanzamento, “Papel para Almodóvar”, comeza unha nova era que non deixará indiferente a ninguén.

Actualmente supera as 100.000 reproducións, os 2.000 oíntes mensuais en plataformas dixitais e deu máis de 20 concertos nunha xira nacional, incluíndo festivais de referencia nacional como “Terraceo” (Vigo), “Planeta Sound” (Ponferrada) ou “White Summer” (Xirona).


Concerto: Carla Lourdes


Cabecera-web-ecultura.png