Concerto celebración do Día das Letras Galegas 2023: Banda Bacana

Actualización: novo horario

| Mércores 17 de maio. 2023
| Ás 19:30 20:30 h (novo horario)
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Banda Bacana

Banda Bacana trae ós escenarios a mellor fusión dos ritmos afrolatinos coa poesía galega. Contan con un directo cheo de enerxía e dinámico que farán bailar e cantar a todos os públicos. Con músicas de primeiro nivel e un repertorio de alta calidade musical, as letras de Banda Bacana quedan resoando nos oídos do público e as súas melodías pegadizas farante seguir desfrutando ata o seu seguinte concerto. O seu primeiro sinxelo “Falade Galego” xa é todo un éxito.

Contan cun repertorio orixinal composto por Adrián Saavedra onde os ritmos de raíz afrolatina se mesturan coas letras de poetas galegas, portuguesas e sudamericanas para ofrecer ao público un concerto no que poder bailar, desfrutar e vivir en directo a unión das culturas de aquí e alén do Atlántico.

Os seus temas reflexan o intercambio cultural e a influencia mutua que a través da emigración se produce entre Galicia, Portugal e alén do atlántico, debuxando un camiño musical de ida e volta, desde Galicia a Centroamérica, desde Portugal a Brasil. Irmandade entre culturas afastadas no mapa pero moi perto a nivel espiritual.

Banda Bacana é un proxecto de nova creación formado por 8 músicos e músicas galegas de recoñecido prestixio e ampla traxectoria enriba dos escenarios. Da gran diversidade da súa formación e experiencia artística nace un proxecto cunha sonoridade moi particular e coidada cunha gran riqueza de timbres e matices.



Banda Bacana

Banda Bacana


Cabecera-web-ecultura.png