Concerto de jazz: AV4 – Álvaro Vieito

| Sábado 22 de decembro. 2018
| Ás 20:30 h.
Círculo Recreativo e Cultural » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

AV4 - Álvaro Vieito

O berce do jazz, New York, uniu a este quinteto de mozos músicos fai catro anos. Masahiro Yamamoto (saxo alto e soprano), Ross Gallagher (contrabaixo), Max Gómez (batería) e Álvaro Vieito (guitarra) coñecéronse na New School University for Jazz and Contemporary Music of New York.

O entendemento entre eles non puido ser mellor, unha fórmula que funciona desde entón e que tivo como resultado o disco “Introducing Álvaro Vieito” ( Azos Jazz, 2009), gravado nos Boom Studios de Gaia (Portugal), coa colaboración
e produción artística do pianista Abe Rábade.

O que atopamos neste primeiro disco destila sons folk, pop, rock e jazz. Composicións orixinais desde un punto de vista tradicional, pero coa mirada posta nas tendencias neoiorquinas que achegan Masahiro Yamamoto e Ross Gallagher.
O guitarrista galego Álvaro Vieito combina o seu traballo en formato cuarteto e quinteto, con outras formacións nas que participa de forma ocasional, como Lobalú, Álvaro Vieito & Diego Pérez, S.E.M. Big Band, Xerpo ou Hira- Joshi.



AV4 - Álvaro Vieito

AV4 - Álvaro Vieito


Cabecera-web-ecultura.png