Concerto de LAW

| Venres 14 de marzo. 2025
| Ás 20:00 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

8M. Día Internacional da Muller 2025

O Concello do Porriño, a través da Concellaría de Igualdade, presenta a programación de actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller. Baixo o lema “8M, 365 días”, o programa deste ano pon o foco na necesidade de reivindicar os dereitos das mulleres e a igualdade de xénero non só cada 8 de marzo, senón todos os días do ano.


Programación 8M. Venres 14 de marzo

Ás 20:00 horas: Concerto de LAW, quen traerá ao Porriño un dos seus recoñecidos “rituais de barrio”, mesturando reggae, r&b, psytrance e música tradicional galega, para reivindicar a igualdade a través da música e celebrar o papel das mulleres artistas na historia.

Concerto de LAW


Máis programación do 8M

Sábado 8 de marzo [ + info ]
  • Ás 10:00 horas: Instalación do Punto Violeta na Praza do Concello.
  • Ás 12:00 horas: Presentación do libro “Corpo Nómade”, de Tere Ríos Noya, acompañada dun recital poético con música de guitarra.
  • Ás 12:15 horas: Lectura do manifestó do 8M, seguida do reparto de rosas moradas entre as mulleres presentes e do nomeamento simbólico de rúas e prazas con nomes femininos.
  • Ás 12:30 horas: Proxección dunha video reportaxe conmemorativa do 8M.
Xoves 13 de marzo [ + info ]
  • Ás 17:00 horas: Xogos tradicionais con enfoque de xénero para a cativada: Xogos de Sororas. Unha proposta lúdica para fomentar a igualdade a través de xogos populares e tradicionais, incluíndo o xogo Sororas na Memoria, que permitirá coñecer mulleres galegas clave na historia.
Xuño
  • Acto conmemorativo “Mulleres da vila”.
Actividade educativa: “Banco da Igualdade”
  • Ademais da programación aberta ao público, a Concellaría de Igualdade, en colaboración coa OMIX, desenvolverá a actividade “Banco da Igualdade” nos centros educativos do concello. Cada centro participante recibirá un banco de madeira e pintura púrpura, co obxectivo de que o alumnado o decore con frases inspiradoras sobre igualdade, respecto, tolerancia e apoderamento das mulleres.

O Concello do Porriño anima á veciñanza a participar activamente nos actos programados, co convencemento de que a igualdade real e efectiva constrúese coa implicación de toda a sociedade, día a día.


Concerto de LAW. Celebración do 8M. Día Internacional da Muller


Celebración do 8M. Día Internacional da Muller



Cabecera-web-ecultura.png