| Sábado 16 de maio. 2026
| Ás 19:30 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Unidade de Música do Mando de Apoio á Manobra
Concerto con motivo da celebración do Día das Forzas Armadas
O Porriño terá o privilexio de albergar un concerto que se podería cualificar de “único”, pois a agrupación que o ofrecerá non se prodiga demasiado neste tipo de actuacións, pois ofrece da orde de media ducia ao ano en todo o territorio nacional. Trátase da Unidade de Música do Mando de Apoio á Manobra (MAM) e o seu recital, que terá lugar o 16 de maio na praza Arquitecto Antonio Palacios, a partir das 19:30 h, enmárcase dentro da celebración da festividade do Día das Forzas Armadas 2026, e que se desenvolve co propósito de subliñar a identificación dos Exércitos co pobo español, do que forman parte e ao que serven.
Desde o Cuartel Xeral do Mando de Apoio á Manobra quérese chegar ao maior número de persoas para que, dese xeito, teñan a oportunidade de coñecer mellor as tradicións e actividades militases.
Orixe da súa música
A súa música ten orixe no ano 1875, cando se crea o Rexemento de Infantería Zamora Nº29, que posteriormente pasou a integrarse nos Rexementos de Infantería “Isabel La Católica” Nº54 e Nº29 e ao Rexemento de Artillería de Campaña Nº28, ata 1966, ano en que queda constituída como Música do Gobierno Militar de A Coruña. En xullo de 1998 pasou a formar parte do Batallón do Cuartel Xeral do Mando Rexional Noroeste e o 1 de xullo do 2005 da Xefatura da Subinspección Xeneral do Exército Nº4. O 15 de outubro de 2010 intégrase no Cuartel Xeral da Forza Loxística Operativa e, desde o 1 de xaneiro de 2021 no Cuartel Xeral do Mando de Apoio á Manobra.
Día das Forzas Armadas
A celebración do Día das Forzas Armadas remóntase a 1978, cando se estableceu realizar un acto institucional como homenaxe aos Exércitos e A Armada, para fomentar o coñecemento e a súa integración na sociedade. En España, o Día das Forzas Armadas conmemórase anualmente o sábado máis próximo ao 30 de maio, festividade de San Fernando. É unha xornada destinada a coñecer o traballo que os militares realizan dentro e fóra das fronteiras estatais, cun labor permanente de vixilancia e protección do territorio nacional, así como a defensa da paz e a liberdade no mundo.

