Concerto: Dúo DeLIS

| Sábado 18 de xullo. 2020
| Ás 21:00 h.
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Concerto: Dúo DeLIS


Irma Bau e Irina Veselova coñécense en Barcelona a principios do 2017, nas máster-clases do mestre Peter Bruns. A conexión entre elas é inmediata, e deciden dar continuidade a aquel encontro, formando un dúo estable, o Dúo DeLIS.

Preséntanse en público o mes de marzo cun concerto en Barcelona, e en abril dese mesmo ano gañan por unanimidade o primeiro premio no 23º Concurso Internacional Paper de Música de Capellades.

Dous meses máis tarde obteñen o 2º premio no concurso internacional de Música de “Les Corts”, no auditorio Axa de Barcelona, e en xuño conseguen o 1º premio, tamén por unanimidade, no Concurso Internacional Mirabent i Magrans de Sitges, na modalidade de música de cámara.

Isto lévaas a ofrecer recitais en prestixiosas salas, ciclos de concertos e festivais de toda Cataluña e o resto do estado. Grazas ao premio obtido no concurso Papel de Música, gravan o seu primeiro CD, chamado “Joyas del romanticismo” no auditorio Atlántida de Vic baixo o selo de Solfa Recordings, coas sonatas de César Franck e Sergei Rachmaninov.

Aínda sendo unha formación recente, recibiron clases dos prestixiosos profesores Peter Bruns (Leipzig), María de Macedo (Madrid), Arnau Tomás (Cuarteto Casals) e Jacob Shaw (solista internacional).



Concerto: Dúo DeLIS


Cabecera-web-ecultura.png