Concerto dúo saxo e guitarra: Tugores World Music

| Sábado 23 xullo
| Ás 23:00 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Concerto dúo saxo e guitarra: Tugores World Music. Concello do Porriño

Tugores é o proxecto musical do guitarrista e compositor mallorquino Jaume Tugores, que empezou a súa traxectoria no ano 2000, e nela foi consolidando un son orixinal e moi persoal a través de oito discos, cinco de música propia e tres de versións de bandas sonoras de películas, nos que sempre están presentes a beleza, a sinxeleza e a emoción das súas melodías. Nesta ocasión ofrecen un concerto a dúo (saxo e guitarra) no que interpretasen unha selección de temas de toda a súa discografía.


Jaume Tugores

Concerto dúo saxo e guitarra: Tugores World Music. Concello do Porriño

Do 1989 ao 1999 realiza os seus estudos de guitarra eléctrica e clásica, solfexo e harmonía, ademais de formar parte de numerosos proxectos e realizar moitas gravacións e concertos. Desde 1992 ata a actualidade compaxina a súa carreira artística co ensino do seu instrumento, a guitarra, tanto en escolas de música como particulares. No ano 2000 trasládase a Barcelona onde forma o seu propio grupo, Tugores. Do 2000 ata a actualidade publicou 8 discos como Tugores ademais de seguir podruciendo, facer arranxos e gravar guitarras para outros artistas.

Realizou numerosos concertos por todo o territorio español así como no estranxeiro en sitios como Alemaña, Francia, Bélxica e Luxemburgo. Ademais compuxo numerosas bandas sonoras para documentais.


David González

Concerto dúo saxo e guitarra: Tugores World Music. Concello do Porriño

Estuda a carreira de música, licenciándose na especialidade de saxofón, en diferentes conservatorios de música da península sendo os seus principais profesores Pablo Coello, Andrés Gomis e Víctor Martínez. Perfecciona os seus estudos de saxofón e de música de cámara contemporánea en Bordeus (Francia) con Marie-Bernadette Charrier e Etienne Rolin.

Complementa os seus estudos con clases maxistrais impartidas por saxofonistas da talla mundial como Claude Delangle, Vincent David, Serge Bertocchi e polos membros do cuarteto de saxofones “ Sigurd Racher”.



Cabecera-web-ecultura.png