Concerto: Electric Läger + Silverback

ACTUALIZACIÓN: cambio de grupo

| Sábado 26 de agosto. 2023
| Ás 20:30 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios (Origen Café) » ver mapa

Concerto: Electric Läger + Silverblack

Organiza: Origen Café | Colabora: Concello do Porriño


Sesión dobre de concertos no Origen Café, nesta ocasión gozaremos da música de Electric Läger (20:30 h) e The Sexy Lefties Silverback (21:45 h).


Electric Läger

Electric Läger

Electric Läger son Rafa Sío (Bakintaun, Ego trip, Kimioterapia) Javi Martínez (Ego trip, Kimioterapia) Miguel Mourenza (Sicilianos) e Adrián Salgado (Elefantes Mutilados, Bakintaun, Collón de Lola, A Banda dos Insectos, Club’x Rock(x)!).

Naceron en xaneiro de 2021 nun local de ensaio no lugar de Orbenlle, parroquia de San salvador de Budiño, O Porriño.

Neses primeiros ensaios, a química electroetílica desembocou nunha fusión que bautizaron como Loud power hard blues & roll, con certas reminiscencias aos 90’s. Na procura da satisfacción, da diversión, da outra dimensión, e da derradeira revelación.

Agora levarán a súa música por todos os escenarios posibles na procura da gloria do Rock&Roll!. Se non a atopan, polo menos prometen dar caña e sentimento a raudales.


Silverback

Silverblack

Silverback é unha banda de versións que fará que viaxes por máis de tres décadas de boa música nun espectáculo que recolle os mellores éxitos deses artistas que marcaron unha época, clásicos internacionais como Bon Jovi, Whitesnake, Guns’n Roses, AC/DC…


Concerto: Electric Läger + Silverblack


Cabecera-web-ecultura.png