Concerto: Fillas de Cassandra

| Venres 20 de setembro. 2024
| Ás 22:30 h
| Rúa Domingo Bueno  » ver mapa

Concerto: Fillas de Cassandra

Xunta de Galicia e Concello do Porriño


Fillas de Cassandra é un dúo musical galego formado en 2022 por María SOA ( Vigo, 1996) e Sara Faro (Vigo, 2001). A súa música baséase na tradición musical e oral, o feminismo, os sons modernos e a mitoloxía grega.

Coñecéronse nun congreso de Feminismo Unitario en Vigo e a partir de entón sumáronse á formación musical de María SOA, voz, percusión e piano, e Sara Faro, voz e percusión, para formar o dúo.

Apostan pola recuperación de melodías tradicionais e novas letras, inspiradas nas cancións de tradición oral, con influencias do pop, a música electrónica e a música clásica. Propoñen un espectáculo teatral no que o público é partícipe, sempre desde un punto de vista feminista e actual e no que o piano e a percusión apóianse en bases electrónicas.3

Nos temas tradicionais teñen influencia de Xosé Lois Romero e Aliboria, Leilía, Baiuca e Contrapunto das Tanxugueiras. Nas harmonías hai referentes do barroco e pola parte electrónica teñen influencias de Rosalía e de Bad Gyal.

En 2022 estrearon o tema “Lisístrata” en Luar ​e actuaron en escenarios de toda Galicia.

O seu primeiro disco, Acrópole (2023), parece unha obra de teatro clásica con heroínas mitológicas na que as mulleres do presente xúntanse coas do pasado e as súas propias experiencias coas demais.​ Están Antígona, Pandora, Eco, os moiras e as ninfas Dafne e Siringe.



Cartel Festas do Cristo 2024


Cabecera-web-ecultura.png