Concerto: Gabriel Fandi

ACTUALIZACIÓN: Nova incorporación ao programa

| Venres 25 de setembro. 2026
| Ás 23:45 h
| Con interpretación en lingua de signos e mochilas vibratorias
| Aparcadoiro da rúa Progreso» ver mapa
| Entrada libre e de balde

Concerto: Gabriel Fandi

O Porriño recibe a Gabriel Fandi, artista que atravesa unha nova etapa na súa carreira marcada pola autenticidade, a madurez musical e unha proposta cada vez máis persoal.

Tras unha primeira etapa ligada a sons máis comerciais e urbanos, Gabriel Fandi aposta actualmente por unha música máis honesta e atemporal, con letras traballadas e persoais que buscan reforzar a conexión co público. Compositor de todo o seu repertorio, presenta cancións orixinais en castelán nas que mantén a súa vinculación con Galicia a través de temas nos que o galego contribúe a reforzar a súa identidade e proximidade.

Nos seus directos está acompañado por unha banda de catro músicos e dúas coristas, cun espectáculo que combina solidez musical, coidada posta en escena e unha interpretación próxima e emocional. Ao longo da súa traxectoria participou en diferentes xiras e escenarios, entre eles o Megastar, Cadena Dial, o Estadio Benito Villamarín, a Porta do Sol de Madrid e auditorios de Galicia.

O seu repertorio inclúe temas como “Mi Luna”, “Lo Mismo”, “7 vidas”, “Tomás”, “La Verbena”, “Cabaliño de Lugo”, “Si Eso Pasó”, “No Hay Otra Igual”, “Te Fuiste” ou “Maldito Cupido”.

A cita será o venres 25 de setembro, ás 23:45 h, no aparcadoiro da rúa Progreso do Porriño. A entrada será libre e de balde.




Concerto: Gabriel Fandi