Concerto: Girl´s Gang

| Venres 29 de setembro. 2023
| Ás 21:30 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Concerto: Girl´s Gang

Girl’s Gang son Anabel, Antía, Law e Tamara, unhas novas artistas da provincia de Pontevedra que se uniron para formar unha girlband cun selo moi persoal.

A súa girl band combina harmonías vocais con coreografías para crear un espectáculo dinámico e vibrante. O seu obxectivo é poder ensinarlle ao mundo todo o que teñen dentro, e traer con iso a España unha proposta cunha estética e un estilo musical distinto, que aúna influencias do K-pop, un fenómeno mundial en auxe, con ritmos urbanos e latinos en idioma español. Algo característico do seu grupo é que entre as catro xestionan todos os campos creativos do proxecto: composición, arranxos musicais, coreografías, posta en escena, estilismos, estética xeral, dirección creativa, xestión de redes e mesmo deseño de maquillaxe.

Os seus vídeo covers orixinais, como Malamente ou Bad Guy, ou vídeos curtos (TikTok) como Mon Amour, que inclúen arranxos vocais novos e coreografías coidadas, permitíronlles acumular xa numerosos seguidores e millóns de reproducións entre todas as súas redes sociais.

En 2022 levaron aos escenarios o seu primeiro espectáculo, composto por un repertorio cheo de forza e enerxía, ao que bautizaron como “GGSHOW”.

GGSHOW consistía nunha perfomance musical e visual completa, que proporcionaba un espectáculo de voz en directo, baile, covers de música comercial con ritmos de pop, K-pop, reggaetón… xunto a un potente deseño de iluminación, un corpo de baile profesional e unha posta en escena atractiva.

Girl´s Gang teñen claro cal é o seu fin na industria musical: revitalizar e renovar o concepto das girl bands en España e compoñer música bailable e coidada.



Cabecera-web-ecultura.png