Concerto: Gisela Concert Kids

| Sábado 24 de setembro. 2022
| Ás 21:00 h
Rúa Domingo Bueno  » ver mapa

Concerto: Gisela Concert Kids

Gisela, a voz de Disney, súmase á celebración das Festas do Cristo 2022 . O Porriño disfrutará do seu espectáculo “Concert Kids” o sábado 24 de setembro na rúa Domingo Bueno ás 21 h.

Neste espectáculo musical para toda a familia Gisela transformarase nunha fada de voz anxelical e realizará xunto ao público unha viaxe máxica a través das cancións infantís máis coñecidas. Un percorrido musical con paradas en temas como “Colores en el viento”, “Sueña”, “Bella y Bestia” ou “Aquella estrella de allá” ilusionarán aos máis pequenos e farán revivir momento máxicos da súa infancia aos máis maiores.

A compañía cinematográfica Disney seleccionou a Gisela entre todos os seus compañeiros de OT para interpretar o tema “Aquella estrella de allá”, da película “Peter Pan”. Dende entón, ela e Disney tiveron unha unión moi especial e a día de hoxe a cantante é coñecida por ser a voz oficial de Disney en España, o que a levou a interpretar as cancións máis coñecidas de películas como “Bella y Bestia”, “Peter Pan” ou “Frozen 2”.



Concerto: Gisela Concert Kids

Festa do Cristo 2022. O Porriño


Cabecera-web-ecultura.png