| Venres 11 de agosto. 2023
| Ás 22:00 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa
Xunta de Galicia. Cultura no Camiño 2023. AGADIC
Un grupo fresco, desenfadado, ecléctico, xuvenil, que revisa sen pudor as cancións en castelán máis charramangueiras e bailables, interactuando animadamente co seu público, que acaba sendo o sexto compoñente do conxunto. No seu variado repertorio teñen cabida artistas tan variados como Raphael, Shakira, Miguel Bosé, Nek, Mecano, Ricky Martin ou Camilo Sesto. Se o obxectivo é acabar de derretir ata a torta nupcial máis xeada, fan soar cálidas cantigas como Años 80 dos Piratas, Bailar Pegados de Sergio Dalma ou El lado oscuro de Jarabe de Palo. Se a idea é gastar as solas dos zapatos e mover as cadeiras, Bailando de Alaska, Bamboleo de Gypsy Kings, ou Que te den de Amparanoia poderían ser as elixidas. Ademais, non podemos deixar de citar que se se quere facer un exercicio de nostalxia infantil incluso se poderían atrever con Son Goku e Oliver y Benji.
Pero non todo vai ser horterismo e músicas lixeiras pois, daquela época máis jazzy dun Juanjo Treus veinteañero con acne finxindo ser Frank Sinatra, aínda quedan algúns vestixios: Como el viento de DePedro, Soñar Contigo de Zenet, Flaca de Calamaro, No hay manera de Coque Malla, ou mesmo Fly me to the Moon de Sinatra soarán maduras e elegantes.