Concerto: Gustavo Almeida “Nas tres linguas do Camiño”

| Domingo 7 de setembro. 2025
| Ás 20:00 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Concerto: Gustavo Almeida "Nas tres linguas do Camiño"

Cultura no Camiño 25. Xunta de Galicia e AGADIC


Un proxecto en 3 linguas, onde Gustavo Almeida engade o exquisito matiz da lingua galega no seu repertorio, ademáis do portugués de Brasil e o castelán, interpretando varias cancións do seu máis recente traballo discográfico (Vértice) acompañado por músicos de orixe galega, brasileira e cubana.

Funk, reggae e pop de autor, con letras traballadas que van desde as mensaxes profundas e luminosas ata os estribillos máis potentes.

ersatilidad musical en estado puro e o carisma xa coñecido deste artista brasileiro-galaico afincado na nosa terra, pero trotamundos por excelencia.

Desde o seu debut no universo discográfico, ata a saída de “Vértice”, un disco que o levou ás portas dun nomeamento aos Latin Grammys durante dous anos consecutivos (2018/2019), foron máis de mil concertos en diferentes cidades do mundo.

Falar da súa traxectoria na música é falar de camiño, constancia e coherencia. Reúne na súa música o pop máis sofisticado, o funk e a música de autor de Brasil, acompañado de harmonías e melodías influenciadas polas súas raíces brasileiras, facendo da súa música algo con identidade propia. E en directo, é unha explosión de enerxía e versatilidade, levándonos desde a emoción máis profunda ata dar botes de alegría.

Nacido en Río de Janeiro, Gustavo Almeida leva a música no sangue. Fillo da recoñecida cantante brasileira, Ellen de Lima, antes da música dedicouse profesionalmente ao fútbol, onde se formou nas categorías de base do Vasco de la Gama. O Celta de Vigo tróuxoo a Europa, onde xogou noutros equipos de España, Francia e Italia.




Concerto: Gustavo Almeida "Nas tres linguas do Camiño"


Cartel Festas do Cristo 2025


Cabecera-web-ecultura.png