Concerto: Iván Fernández

| Sábado 8 de xullo. 2023
| Ás 22:00 h
The Classic Coffe & Beer » ver mapa

Concerto: Iván Fernández

Organiza: The Classic Coffe & Beer


Nacido en Vigo en 1984, Iván Fernández iniciou a súa formación musical coa Mestra Rita Ivaskeviciute.

Graduouse en interpretación do piano na Escola Superior de Música de Catalunya. Foi mencionado con honras polo seu Proxecto de Investigación “Recursos expresivos nas últimas sonatas de Beethoven”, interpretando en concerto as sonatas op.109, op.110 e op.111 do compositor.

En 2015 obtivo o máster de interpretación do piano na Ak. Gnessin de Moscova, onde se lle galardoou con Diploma Vermello (CUM LAUDE), estudando alí con Beira B. Nosina (Catedrática e Artista Honorífica de Rusia).

En 2013 recibiu o primeiro premio e o diploma á mellor interpretación de música rusa na edición XIV do “Concurso Internacional Musica Classica” (Ruza, Rusia). No ano 2009 foi finalista no “Concurso internacional de novos intérpretes de Llíria” e galardoóuselle coa bolsa de excelencia “Anna Rise”.

Ofreceu concertos en numerosas localidades de ámbito nacional e internacional. O seu repertorio comprende desde a música barroca ata a contemporánea.

En 2022 publicou o seu primeiro traballo discográfico con obras de Andrés Gaos e Robert Schumann.

Recibiu consellos de músicos como Leonid N. Sintsev, Pavel Dombrovsky, Lidya Reznikova, Tatyana Tarnavskaya, Jarosław Drzewiecki, Arcadi Volodos, Douglas Humpherys, Alba Ventura, Rasa Biveiniene, Ramon Coll, Salvador Mais, Michal Drewnowski, Meira Farkas, Natalia Posnova, Ingrid Sotolarova, Yuri Bogdanov, Christian Zacharias, Luís Pipa, Josep Colom, Cuartet Casals ou Leonel Morais, entre outros.

Actualmente compaxina a docencia coa interpretación



Concerto: Iván Fernández


Cabecera-web-ecultura.png