Concerto: Jay Doe & The Blues Preachers

| Sábado 17 de xuño. 2023
| Ás 21:30 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios (Origen Café) » ver mapa

Concerto: Jay Doe & The Blues Preachers

Organiza: Origen Café | Colabora: Concello do Porriño


Javier Casal, en agosto de 2015, deixa fuxir o seu “alter Ego” máis blusero co nome de Jay Doe. Versións de Robert Johnson, Jimmy Red, Brownie McGhee, Muddy Waters, Big Bill Broonzy, Elmor James, combinándoos con temas máis populares de Clapton ou os Stones, sempre en torno ao Blues, Rithm&blues, Country e mergullandose cos estilos do swing e do jazz. En 2016 lanzou o seu primeiro disco acompañado dos músicos que agora compoñen a súa banda titulada “Me & The Blues”. É agora no 2018 cando reúne ós Blues Preachers, músicos con ampla experiencia para tocar en directo. A formación é a seguinte:

  • Jay Doe: rit guitar e voz
  • Lucas Fernandez: guitarra solista
  • Alexandre Carrero: baixo
  • Manu Ares: batería

Todos os seus compoñentes teñen un fondo musical moi extenso, tocando toda a xeografía galega e española, tamén no país veciño Portugal. Forman parte de varias formacións, polo que soan bandas como Dr. Hello, MissinBlues, Best Boy, Cool Funeral, Delta Blues Duo, The Blues Moonshiners, Booty Sweet, Moon Crest, The Bluesfellas, Monk Blues Band. Jay Doe & The Blues Preachers únense para interpretar o blues e o rithm&blues de raíces afroamericanas, desde clásicos do blues ata composicións propias.



Concerto: Jay Doe & The Blues Preachers


Cabecera-web-ecultura.png