ACTUALIZACIÓN: aprazado por previsión meteorolóxica adversa o venres 17 e adiado ao venres 1 de outubro
| Venres 17 Venres 1 de outubro. 2021
| Ás 21:00 h.
| Aforo limitado con reserva
| Praza de San Sebastián » ver mapa
Presentación do seu novo disco “Cuando las palabras fallan…”. Incluído na programación das Festas do Cristo 2021.
Coincidindo coa finalización da produción do disco do grupo KAF!, plantéxase o concerto presentación do seu EP para o 1 de outubro, no que o público poderá gozar tanto en vivo, na praza de San Sebastián do Porriño, coma dende calquera lugar do mundo grazas ao streaming.
O grupo KAF!, orixinario de O Porriño e Mos, estivo a traballar durante a primeira metade do ano 2021 na elaboración do seu disco con composicións propias en galega e castelán. Así mesmo, un dos temas deste traballo será a banda sonora da segunda parte de “Metamorfose”, obra do actor e director porriñés Alex Sobrino, proxecto que levarase a cabo baixo o nome da compañía de teatro Xerpo.
Haberá un concerto previo “en directo”, o venres 17 de setembro, desde o estudo de KAF!, ás 20:00 h., accedendo desde o enlace: directo.parolas.es
INSCRICIÓNS PARA A ASISTENCIA
Ampliación de inscricións ata mércores 29 de setembro.
As persoas asistentes terán que enviar un correo electrónico ao enderezo inscricionscultura@oporrino.org indicando no asunto “Concerto Kaf!” e detallando o nome, apelidos, DNI e teléfono de contacto para facer reserva dunha cadeira o día do evento.
Só se permite un máximo de 6 reservas por email.