| Sábado 7 de setembro. 2024
| Ás 12:30 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa
Kedirán nace en Compostela no inverno de 2023 a partir das raíces do tradicional galego, pero conta con influencias balcánicas, do Mediterráneo e do norte da península, froito das diferentes vivencias do compositor Daniel Pazos durante os cinco anos que pasou como nómade por Europa.
Con este proxecto musical pretenden realizar un labor de recuperación dos sons tradicionais desde unha perspectiva contemporánea e radicalmente diferente a todo o panorama musical galego actual. Este proxecto musical ten como obxectivo último axuntar dous mundos: música e circo nun espectáculo único que non deixará a ninguén indiferente.