Actualización: novo horario
| Luns 1 de maio. 2023
| Ás 20:30 h 19:30 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa
King Kids e Xeración M en concerto, o luns 1 de maio na praza Arquitecto Antonio Palacios.
King Kids
King Kids comezou a súa andadura no ano 2019 tendo como berce a escola de música e danza Maison, da que todos son alumnos. Ademais de botar man de composicións doutros/as artistas, eles mesmos compoñen tamén e arranxan os seus temas, sempre supervisados polos profes da escola.
Tras pasar a etapa da pandemia gañaron o concurso de la CRTVG “A Canción do Nadal” e, dende entón, non pararon de facer concertos.
O seu talento e traballo no ámbito musical mestúranse co seu tesón, ganas e paixón polo que fan.
Xeración M
Un dos grupos máis novos do panorama musical. Naceron no Tés Talento celebrado no Porriño en 2023, acadando un merecidísimo segundo posto. Só teñen 10 e 11 anos e preséntanse por primeira vez facendo un concerto en directo.