Concerto: Kv2211. Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo

Actualización: novo horario

| Sábado 17 de xuño. 2023
| Ás 18:00 19:30 h
| Círculo Recreativo Cultural » ver mapa

Kv2211. Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo

A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Orquestra Kv2211 ofrecerá esta fin de semana un concerto didáctico no Porriño. Será no Círculo Recreativo Cultural o sábado 17 de xuño, ás 19:30 h e conta coa colaboración da Escola Municipal de Música do Porriño e do Concello do Porriño.

Co nome de “De puntos e liñas” e baixo a dirección do mestre Javier Viceiro-Filgueira, convidado pola sección xuvenil da Kv2211, realizará un percorrido ao longo da historia da escritura musical para a orquestra de cordas.

Ademais, a sección xuvenil da Kv2211 acompañará por primeira vez a solistas de instrumentos de vento e percusión, concretamente de fagot e vibráfono, con pezas de Antonio Vivaldi e Dimitri Shostakovich, un paso máis na aprendizaxe orquestral dos mozos músicos.

O mestre convidado da Orquestra Xuvenil, Javier Viceiro-Filgueira, explica que “os obxectivos perseguidos a través deste programa son principalmente dous. Por unha banda, realizar unha achega aos diversos estilos musicais, a través da observación, dun xeito sinxelo, das principais características dalgúns autores representativos das etapas históricas principais. E por outra, explorar novas sonoridades dentro da orquestra de cordas”.
A Orquestra Infantil, coa dirección de José M. Fernández abrirá o concerto, cun repertorio ameno e divertido enfocado aos máis cativos e a un público familiar.

A Escola Municipal de Música do Porriño incluíu este concerto como parte das súas actividades dentro do seu programa “Porriño Musical” co que pretende poñer en valor a formación cultural e musical así como a importancia da música na vila. De feito, forman parte da Orquestra Kv2211, tanto da súa sección Infantil como da Xuvenil, varios alumnos da Escola e, dende a formación da orquestra viguesa, pasaron polas súas filas instrumentistas de corda e percusión formados na escola porriñesa.


Orquestra kv2211


Cabecera-web-ecultura.png