Concerto lírico

| Domingo 27 de outubro. 2024
| Ás 19:00 h
Igrexa Santa María » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar prazas

Concerto lírico

Ciclo Clásico “Antonio Palacios”
Loli Crespo, soprano / Luis Santana, barítono / Víctor Carbajo, piano


Con motivo do centenario da Casa do Concello e o 150 aniversario do nacemento do soado arquitecto Antonio Palacios, O Porriño acolle un ciclo de música clásica que promete ser unha homenaxe á rica tradición cultural da rexión. Este evento levarase a cabo do 19 ao 27 de outubro no Centro Cultural Municipal, Círculo Recreativo Cultural e na igrexa de Santa María do Porriño.

O ciclo culminará o domingo 27 de outubro ás 19:00 horas na igrexa de Santa María cun concerto lírico protagonizado pola soprano Loli Crespo, o barítono Luis Santana e o pianista Víctor Carbajo. Este trío de artistas de renome promete unha noite inesquecible coas resonancias da lírica española e as melodías máis belas do repertorio clásico.


Programa

Loli Crespo, soprano / Luis Santana, barítono / Alejo Amoedo, piano

  • Giulio Caccini (1551-1618) Luis Santana. Ave María
  • Georg f. Händel (1685-1759) Loli Crespo. Lascia ch’io pianga (de la ópera “Almira”)
  • Leonard Cohen (1934-2016) Luis Santana. Hallelujah (letra de Ainhoa Arteta)
  • César Franck (1822-1890) Loli Crespo. Panis Angélicus
  • Gioachino Rossini (1792-1868) Luis Santana. La fioraia fiorentina
  • Vincenzo Bellini (1801-1835) Loli Crespo. Casta Diva (de la ópera “Norma”)
  • Giacomo Puccini (1858-1924) Luis Santana. Nessun dorma  (de la ópera “Turandot”)
  • Giacomo Puccini (1858-1924) Loli Crespo. O mio babbino caro  (de la ópera “Gianni Schicchi”)
  • Wolfgang Amadeus Mozart (1756-1791 ) Dúo. La ci darem la mano (de la ópera “Don Giovanni”)
  • Michael Nyman (1944) Luis Santana. Le di a la caza alcance (letra de San Juan de la Cruz)
  • Pablo Sorozábal (1897-1988) Loli Crespo. En un pais de fábula
  • Antón García Abril (1933-2021) Luis Santana. Tres canciones xacobeas: Camiño longo, Cantiga de amigo e Levouse a louçana
  • Antonio Paz Valverde (1937-2022) Luis Santana. María Soliña
  • Andrés Gaos (1874-1959) Loli Crespo. Rosa de Abril
  • Xosé Baldomir (1865-1947) Luis Santana. Dos amores
  • Juan Montes (1840-1899) Loli Crespo. Lonxe a terriña
  • Juan Montes (1840-1899) Luis Santana. Negra Sombra

Luis Santana
Barítono

Luis Santana

Este Barítono Zamorano está entre os máis respectados do panorama lírico español. Especialista en Rossini e en canción de cámara española, actuou nas mellores salas de concerto e teatros como o Auditorio Nacional de Música de Madrid, Teatro Real de Madrid, Musikverein de Viena, sala Ehrbar de Viena, Gran Teatro do Liceu de Barcelona, Fundación Juan March, Maestranza de Sevilla, Arriaga de Bilbao, Palau da Música catalá, Auditorio de Zaragoza, Miguel Delibes de Valladolid, Victoria Eugenia de San Sebastián, Cervantes de Málaga, Campoamor de Oviedo e máis.

Memorables concertos da misa “In tempori belli” de Haydn no Pilar de Zaragoza ante os Reis de España, “Novena sinfonía” de Beethoven xunto ao lendario Orfeón Donostiarra en presenza da súa maxestade a Raíña Sofía, “Réquiem” de Mozart na Catedral de Sevilla, recital na Catedral de Toledo, “Réquiem” de Fauré na Catedral da Almudena, Homenaxe a Victoria dos Ángeles na igrexa onde foi bautizada, Patio dos Arrayanes de Granada, “Réquiem” de Brahms na Catedral Vella de Salamanca, recital na Catedral De Santiago de Compostela, Homenaxe a Teresa Berganza, “Misa Solemne” de Rossini no Duomo de Milán, Homenaxe a Cristóbal Halffter, Homenaxe a Antón García Abril polos seus oitenta aniversario na súa cidade natal, Teruel. Homenaxe ao seu mestre o tenor Pedro Lavirgen. Inauguración de “Las Edades del Hombre” de Toro e Cuellar xunto a Ainhoa Arteta, inauguración do outono musical Soriano baixo a batuta de Odón Alonso, Festival Internacional de Úbeda, Festival “Encuentros con Rosa Torrespardo” en Robles de Laciana, etc…

Participou en xiras con personaxes do calibre de Nati Mistral e Paco Valladares.  Foi protagonista de actuacións por todas as fundacións de Santa Teresa de Jesús xunto con Paloma Gómez Borrero entre 2014 e 2016 e de actuacións en Roma, Milán, Nápoles, Pescase, Torino, Catania, Como, Parma, Boloña, Módena, Toulon, París, Viena, Lisboa, Kiev, Lviv, Donetsk, Odessa, Londres, Moscova, Sofia, Bucarest, Frankfurt e Berlín entre outras.

Foi Malatesta, Fígaro, Sharpless, Germont, Belcore, Papageno, tenente Morais, Enrico, Marcello, Pin, Tio Salvaor, Dandini e Taddeo entre outros.

Dirixíronlle as batutas máis prestixiosas. Compartiu escena cos máis grandes cantantes españois e estranxeiros, e compositores da talla de Antón García Abril, Cristóbal Halffter, Miquel Ortega, Miguel Manzano, Juan Duran, Javier Centeno, Santiago Báez, David Rivas, Ernesto Monsalve, Manuel Comesaña, Manuel Millán, Jesús Legido, Victor Carbajo escribiron para a súa voz.

Alumno do Mestre Pedro Lavirgen e de Teresa Berganza actualmente está a seguir cursos de perfeccionamento co Mestre Giacomo Prestia.

Colabora co actor Emilio Gutierrez Caba nun recital en ocasión dos 80 anos da morte do poeta Miguel Hernández, nun recital en ocasión centenario do nacemento de Miguel Delibes e nun recital dedicado á poesía española.

Co hispanista Ian Gibson desenvolveu un recital con motivo do 120º aniversario do nacemento de Federico García Lorca e un recital sobre Antonio Machado en ocasión dos 80 anos da súa morte.

Coa actriz Maria Galiana está a protagonizar un recital de música e poesía percorrendo toda a xeografía española, sumando máis de 70 recitais entre 2022 e 2023.

Este 2024 percorrerá xunto ao actor Pepe Viyuela a xeografía española co “Cántico Espiritual” de san Juan da Cruz con música do Mestre Victor Carbajo e cun recital dedicado ao humor na poesía e na música.

Ademais, conta colaboracións establecidas con Montserrat Martí Caballé, Cecilia Lavilla Berganza, Simona Todaro-Pavarotti, Pilar Xurado, Pepe Viyuela, Charo López, Maria Luisa Merlo, Loles León e Carlos Hipólito.

Entre o 2018 e o 2019 sumou máis de douscentos concertos en España e Europa e, a pesar do impacto da pandemia, terminou o bienio 2020-21 con máis de 160 actuacións e sumando máis de 260 concertos entre 2022 e 2023.
No seu afán de recuperación de músicas perdas fixo a integral de voz e piano de Antonio José e Federico García Lorca, así como a integral de cancións de Zorrilla e Campoamor.

Posúe a medalla de ouro “Artista Prokofiev” da casa natal do compositor, así como a medalla de prata dos amigos da Ópera de Lleida.


Loli Crespo Abuin
Soprano Lixeira

Loli Crespo

Natural de Moraña (Pontevedra), reside dende cativa no pobo mariñeiro de Carril, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). Realiza os seus estudios de canto no CMUS deVigo, baixo a dirección de Tatiana Sajarova, perfeccionando a súa técnica en clasesmaxistrais con profesionais como Isabel Penagos, Mª Ángeles Triana, Maria Uriz, Carmen Durán, Helena Lazarska, Antón de Santiago, Carmen Subrido, Diana Somkhieva entre moitos outros.

Diplomada en Comunicacion Protocolo e Imaxen Pública po la Universidade de Vigo.

Traballou baixo a dirección de prestixiosos directores como Jordi Savall, Giovanni Andreoli, Paul Danields, Oliver Díaz, Ferreira Lobo, Romero Llopis, Fernando Arias, Marco Frisina, etc., en concertos xunto as seguintes formacións orquestrais: Real Filharmonía de Galicia, Ensamble CMUS de Vigo, Orquestra do Norte de Portugal, Orquesta Sinfónica de Gijón, Orquestra Nacional Portuguesa, Orquestra de Cámara de Galicia, Orquestra da Capela Compostelana, Orquestra de Melide e Orquestra Clásica de Vigo, entre outras. Así mesmo, actuou coas bandas de música galegas de Vilagarcía de Arousa, Santiago de Compostela, Meaño, Lantaño, Pontevedra e Bembrive.

Ten interpretado, como solista, un amplo abanico de repertorio de zarzuelas, nas que cabe destacar os roles de Marquesita (Barberillo de Lavapiés), Marica (A Lenda de Montelongo), Asita (Agua, azucarillos y aguardiente), Eliseo (Gran Vía), Coral (La Leyenda del beso), Mariquiña (Amores de Aldea), esta última convocada pola Fundación Reveriano Soutullo Otero.

Entre o seu repertorio como solista destacan obras como a Fantasía Coral (Beethoven), Missa brevis (Haydn), Gloria (Vivaldi), La Traviata (Verdi) e Carmina Burana (Carl Orff), estas dúas últimas interpretadas coa Orquestra Nacional Portuguesa e o elenco do Teatro Nacional de Sao Carlos en Lisboa.
Entre outras colaboracións coa Universidade de Vigo ten levado a cabo repertoriono eido da investigación, dentro da música galega, xunto ao musicólogo e historiador, Javier Jurado.

Nos seus recitais como solista acompañárona prestixiosos pianistas galegos como Alejo Amoedo, Alfonso Galbán, Victor Carbajo,Juanma Varela Rasa Jakutytte, Manuel Burgueras, entre outros. Cabe destacar un ciclo de concertos xunto ao flautista Fernando Raña ea pianista Rasa Jakutite.

Compartiu escenario con cantantes líricos da talla de Teresa Novoa, José Antonio Campo, Pedro Chaves, Cesáreo Torres, Manolo Suárez, Luis Santana, Montserrat Martí Caballé, Cecilia Lavilla Berganza, Cesareo Torres e Emilio Gulín entre outros.

Na actualidade é soprano solista do Coro da Capela da Catedral de Santiago de Compostela, dirixido por Miro Moreira, os cales teñen realizado un ciclo de concertos xunto ao afamado gaiteiro Carlos Nuñez, e do Orfeón Terra a Nosa, dirixido por Mateo Iglesias.

Asi mesmo, co Coro de Cámara do Orfeón Terra Nosa xunto a Real Filarmonia de Galicia participa no estreo da ópera la Anmnesia de clio, do compositor galego Fernando Buide, dirección escénica Marta Pazos, baixo a batuta de Paul Daniels.

Por último, Dolores Crespo, Colabora habitualmente co Coro Universitario de Santiago de Compostela, dirixido por Miro Moreira e co Coro Universitario do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, dirixido por Marco Lucato.


Víctor Carbajo
Piano

Compositor e pianista español nado en Madrid en 1970.

Cursou estudos musicais no Real Conservatorio Superior de Música da súa cidade natal, onde se graduó como Profesor Superior de Harmonía, Contrapunto, Composición e Instrumentación, co Premio Fin de Carrera de Composición en 1993.

A súa actividade como pianista é moi prolífica. Acompaña habitualmente a figuras moi coñecidas da lírica española como Luis Santana, Montserrat Martí Caballé, Cecilia Lavilla Berganza, Simona Todaro Pavarotti ou Ainhoa Arteta nas súas xiras por España e o estranxeiro. Actuou como solista acompañante en salas de concerto como o Auditorio Nacional de Música de Madrid, Palau da Música de Valencia, Palau da Música de Barcelona ou o Teatro Olympia de París.

Como compositor, a súa música foi interpretada en España, Francia, Alemaña, Italia, Bélxica, Reino Unido, Portugal, Rusia, Ucraína, Dinamarca, Estados Unidos, México, Arxentina e Australia. Recibiu así mesmo varios encargos de diferentes organizacións internacionais.

Actualmente compaxina a súa actividade de pianista e compositor co seu labor de profesor na Escola Superior de Música Katarina Gurska.


Ciclo Clásico "Antonio Palacios"



cropped-CABECERA-WEB-ECULTURA.png