Concerto: Los del barro

| Sábado 16 de setembro. 2023
| Ás 21:30 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios (Origen Café) » ver mapa

Concerto: Los del barro

Organiza: Origen Café | Colabora: Concello do Porriño


Los del Barro é unha banda que naceu en Baiona, con máis de dez anos de traxectoria no mundo da música. Creouse en 2009 e confórmano cinco artistas: Juaminha, que pon a voz e a guitarra; Pendi na batería; Norio a cargo dos coros e a guitarra; Tortu co baixo e os coros; e por último, Antonio, o técnico de son.

É unha banda directa, sen andrómenas, que fai que o público se divirta. Nas súas actuacións interpreta os grandes éxitos de rock, rumba e pop dos anos 80 e 90, na súa versión máis canalla. Tocan cancións como «Clavado en un bar» de Maná, «Lamento Boliviano» de Enanitos Verdes ou «Whisky barato» de Fito y Fitipaldis.


Concerto: Los del barro


Cabecera-web-ecultura.png