| Sábado 15 de xullo. 2023
| Ás 21:30 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios (Origen Café) » ver mapa
Organiza: Origen Café | Colabora: Concello do Porriño
A banda tudense Micalip´s, con trece anos ás súas costas, está composta por Miguel (voz e guitarra) e Felipe (percusión e coros), sempre acompañados por Carlos (enxeñeiro de son), que segue crecendo actuación tras actuación, e encargarase de amenizar ao público con versións dos clásicos do rock, pop, reggae… máis coñecidos no panorama musical nacional e internacional. Tamén contan con cancións propias que se gañan os coros e aplausos dos espectadores.