Concerto: Mitic Clásico

| Luns 11 de outubro. 2021
| Ás 20:00 h.
Praza de San Sebastián » ver mapa

Concerto: Mitic Clásico

Aprazado por previsión meteorolóxica adversa o venres 24 de setembro e adiado ao luns 11 de outubro

Mitic o proxecto de expansión do instrumento mais emblemático da nosa terra, a gaita, a través dun espectáculo musical único, orixinal e pioneiro, dirixido e producido polos recoñecidos músicos vigueses Álvaro e Suso Costas que será capaz de sorprender e emocionar a todos os públicos, especialmente a todos os que non son afeccionados nin á gaita , nin á música celta ou de raíz.

Mitic non é só un espectáculo musical, é un movemento cara á evolución social dun instrumento que estivo ligado eternamente á súa música de raíz desde a súa expansión no século XII. Coa intención dun achegamento a novos públicos.

Mitic dános a oportunidade de gozar do son dunha gaita como nunca se tratou ata agora , mediante un fío condutor totalmente diferente…

O primeiro espectáculo musical encabezado por unha gaita, onde este instrumento rompe a etiqueta de “tradicional” para converterse no violín de Candilejas, na guitarra de Brian May ou na voz de Frank Sinatra co seu inesquecible My way.

Un paseo de 90 minutos polo pasado e o presente. Evocando os anos 30, mentres nos fan bailar un tango ao son do día que me queiras ou emocionarnos lembrando a Escarlata O´Hara co tema de Tara. Os anos 60 lévannos á xanela de Audrey Hepburn e o seu inesquecible Moon River e á chegada do pop da man dos Beatles.

Un show para todos os públicos, onde non quedarán indiferentes os máis rockeiros ao escoitar os primeiros acordes oitenteiros de The Final Countdown e vibrar ao son dos Guns N´Roses. Tampouco aqueles nenos que voaron con E.T. na súa bicicleta ou viviron aventuras nunha Galaxia moi afastada…

Unha maneira particular e diferente de homenaxear ás máis grandes lendas da música, como son Ennio Morricone ou Freddy Mercury.
Todo isto faise realidade, grazas a unha coidada intrumentación e a un elenco de trece reputados artistas minuciosamente seleccionado. Todos eles con gran recoñecemento e experiencia. Mitic conta coa dilixencia de enxeñeiros expertos en audiovisuais, que garanten o éxito rotundo desta arriscada proposta dos irmáns Costas.



M I T I C, El espectáculo. Festas do Cristo 2017. O Porriño

M I T I C, El espectáculo. Festas do Cristo 2017. O Porriño


Cabecera-web-ecultura.png