ACTUALIZACIÓN: NOVA LOCALIZACIÓN POR PREVISIÓN METEOROLÓXICA ADVERSA
| Venres 21 de outubro. 2022
| Ás 19:00 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios Círculo Recreativo e Cultural » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar prazas
Música e Viño no teu camiño. Programa de concertos en acústico e pequeno formato. Edición emerxentes.
Xunta de Galicia, Xacobeo 21-22
Raúl Ben
Raúl Ben é músico, produtor, compositor e arreglista natural do Porriño que participou en numerosos proxectos musicais, compuxo numerosas cancións para os seus propios proxectos e para outras persoas, incluíndo bandas sonoras para curtametraxes e colaboracións con artistas de pop electrónico e música urbana.
O seu estilo, influenciado polo pop acústico, blues, jazz, ritmos latinos e polas letras dos grandes cantautores de fala hispana, fai que os seus temas estean cheos de matices moi diferentes e que a sensibilidade sexa unha das súas maiores fortalezas.
Música e Viño no teu camiño
“Música e Viño no teu camiño” é unha inciativa da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural, no marco do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, e forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia.
O proxecto busca xerar experiencias positivas a través da música xerando actuacións que están chamadas a ser un espazo de encontro e desfrute entre a poboación do territorio e as persoas que visitan Galicia para percorrer o Camino de Santiago, ou con motivo do Xacobeo 21-22.
O programa percorrerá os 14 concellos que forman parte do Xeodestino con 14 actuacións de 14 grupos musicais emerxentes do territorio e área de influencia, en pequeno formato ou formato acústico nas prazas dos concellos participantes.
A maridaxe perfecta chegará coa promoción e impulso ao consumo responsable dos viños de D.O. Rías Baixas. Nesta edición esto irá a cargo dos establecementos da contorna dos lugares de actuación, onde as persoas participantes poderán gozar dos viños e da gastronomía. Deste xeito, refórzase a actividade dos establecementos hostaleiros, que tan mal o pasaron durante a recente pandemia.