Concerto musical: Banda de Música Arcade

| Venres 21 de setembro. 2018
| Ás 19:00 h. (pase I) / Ás 22:00 h. (pase II)
Parque do Cristo » ver mapa

Banda de Música Cultural de Arcade

Levan 150 anos acompañando algúns dos momentos máis importantes da historia de Arcade e pódese dicir que puxeron o ritmo á maioría das datas craves desta localidade. Creada en 1868 polo empeño dun grupo de amigos, a Agrupación Musical Artística de Arcade non deixou de tocar desde entón. A diferenza doutras bandas que interromperon a súa actividade durante a Guerra Civil, esta agrupación sempre estivo activa. O seu século e medio de vida convértelles nos máis veteranos de todo o sur da provincia de Pontevedra.

Na actualidade conta cunha trintena de integrantes cunha idade media entre os 18 e os 20 anos, mentres que a sección xuvenil ten 40 membros. Este centro de ensino xurdiu no ano 2000 despois dun intento errado tres anos antes . Ata a data polas súas aulas xa pasaron medio milleiro de alumnos e na actualidade hai 98 matriculados.


Cabecera-web-ecultura.png