Concerto musical: Clave de Fado

| Venres 5 de xullo. 2019
| Ás 22:00 h.
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Concerto musical: Clave de Fado

Clave de Fado é un grupo independente que nace en Galicia a finais do 2009. A súa música bebe do fado e a cantiga galega, pero recibe múltiples influencias doutros estilos como a bossa-nova. Unha proposta aberta e actual, que nos descobre unha vez máis, que o fado é unha música universal, que pode transformarse e viaxar a todo a todo o mundo.

Formado nun principio por Iria Estévez, Gonzo Piña e Pepe Piña, Clave de Fado conseguiu concerto tras concerto atraer a atención do público, cada vez máis numeroso. Tras este éxito nas súas presentacións, Clave de Fado comeza a compoñer temas propios, dándose a coñecer no mundo da cultura galega.

No ano 2014 o grupo, animado pola gran resposta que está a ter a todos os niveis, deciden dar un paso máis e únese a eles un novo membro: Paco Dicenta, un recoñecido músico multidisciplinar que achegará a Clave de Fado a sabedoría dun músico consagrado e cun gusto exquisito.

Coa formación ben consolidada, catro anos de andaina e moitas ganas de crecer, Clave de Fado proponse un reto importante: gravar o seu primeiro disco nun momento difícil para a industria musical no que a única opción é a autoproducción.

Para conseguilo, levan a cabo unha campaña de crowdfunding a través dunha plataforma online. Conseguen recadar o diñeiro necesario co que financiarán gran parte da gravación e edición do disco, que chamarán “Xanelas,” e en xuño do 2014 ven realizado o seu soño… O resultado é un disco completo, composto de versións de grandes temas da música galega e portuguesa e temas propios (fados galegos, bossas “fadeiras”, cantiga galega “afadistada”…) para a que contaron ademais coa participación de Uxía Senlle, Isaac Garabatos, Sapoconcho, David Otomuro e Dani López.

Tras a gravación do disco, un dos co-fundadores, Pepe Piña, decide deixar a formación para dedicarse ao seu proxecto persoal e pasa a formar parte do grupo o recoñecido compositor e guitarrista Isaac Garabatos, que co seu estilo virtuoso e moi actual, contribúe a lograr o obxectivo de Clave de Fado: conseguir un son propio e único.



Concerto musical: Clave de Fado

Concerto musical: Clave de Fado


Coa colaboración da Agadic, Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e Xacobeo 21


Patrocinio-xacobeo-2021Cabecera-web-ecultura.png