Concerto musical: Darío Moreira

| Venres 19 de outubro. 2018
| Ás 20:30 h.
Círculo Recreativo e Cultural » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

Dario Moreira

Darío Moreira é herdeiro dunha longa traxectoria de migracións familiares, que conectan entre si diversas culturas a través da música. Como compositor guitarrista, comeza a súa traxectoria musical en Galicia convivindo entre dous mundos, a música clásica e a música popular.

En 1979 comeza os seus estudos de Guitarra Clásica no Conservatorio Superior de Música de Vigo cos mestres Javier Fernández Oria, Uxío Maio e Tomás Camacho. Recibe, á súa vez, clases maxistrais do mestre José Tomás, quen destaca a súa forza expresiva.

En 1980 cofunda o grupo Na Lúa, con quen participa na escena folk internacional e grava 5 discos: Na Lua (1985), A Estrela de Maio (1987), Ondas do mar de Vigo (Premio da Crítica Galega 1989) y Contradanzas (1991), ademais do primeiro disco da cantante Uxía, Foliada de Marzo (1986).

A principios dos anos 90 funda o grupo Amoreira Folk, unha proposta pioneira de achegamento da música tradicional de Galicia a outras culturas, inspirada na tradición viaxeira do pobo galego. Darío Moreira comeza a utilizar, de forma intuitiva, unha técnica de man dereita similar ao “dedillo renacentista”. O encontro dunha raíz común entre os cantos de oficio de ida e volta entre Galicia e Andalucía lévalle a profundar no flamenco e a súa relación coa música tradicional galega a través de la farruca. En 1995 realiza un traballo de investigación para atopar referentes da súa técnica de pulsación no Centro de Flamencología de Jerez de la Frontera, e comeza a composición da obra de guitarra Fuente Trémula, que consiste na creación de trémolos específicos para diferentes paus flamencos, a través da aplicación sistemática da técnica do dedillo, e un método didáctico que facilita a interpretación das pezas que conforman a obra.

En 1997 é convidado por Carlos Núñez para presentar o disco A Irmandade dás Estrelas. Ao ano seguinte colabora coa cantante Uxía na creación do disco Danza das Areas, realizando unha xira previa de presentación que os leva ao Festival de Smara en Alxeria, ao Festival Brosella Folk Jazz Bruxelles e á Expo Lisboa, entre outros escenarios. En 1999 participa no Proyecto Phanta Rhei da CEE, co que viaxa Bruxelas para coñecer a súa cultura e folclore, actuando en solitario por distintos escenarios, como o Instituto María Boodschap, o C.G.B. A Tentatión e os Cursos de Nêufchateau. Á súa vez, imparte clases maxistrais sobre o canto tradicional de Galicia para o grupo de pandereteiras Ialma. No ano 2000 obtén un premio no Certamen Nacional de Canción de Autor Cantigas de Maio de Ceutí, Murcia.

A principios da primeira década do novo século comeza a madurar o seu corpus compositivo. Realiza, por encargo da excelente arpista María Rosa Calvo Manzano, as composicións Danzas para la Paz y Fantasía del Nuevo Mundo, para arpa, frauta e quinteto de cordas, ambas as estreadas, gravadas e editadas en partitura; Tamén, por encargo do Festival Internacional Andrés Segovia de Madrid, o concerto para guitarra, cello e orquestra de corda Madera Santa, gravado por RTVE para o programa Los Conciertos de la 2, e interpretado durante varios anos consecutivos no Festival de Arte Sacro de la Comunidad de Madrid. O ano 2009 a Edizioni Romana Musica edita en partitura Triada Celta y Coda, composición de mocidade para guitarra. Ao ano seguinte, engade unha segunda guitarra, por encargo do Dúo Artepulsado. No ano 2011 colabora con Zoraida Ávila no III Concurso Ibérico de Arpa, coa obra didáctica para arpa e guitarra Flor de Qantu, estreada e gravada por alumnas do Centro Superior de Enseñanza Musical Katarina Gurska.

A súa achega á música contemporánea para guitarra consiste no desenvolvemento de novos recursos técnicos e compositivos que amplían e diversifican a sonoridad do instrumento. No ano 2017 edita o CD Concierto de Guitarra Creativa ORIRI, onde interpreta unha selección de composicións da súa obra Guitarra Nova, creando unha simbiose cultural entre Oriente e Occidente. O concerto estréase nunha xira de actuacións por Centros Culturais da Comunidad de Madrid, recibindo unha calorosa acollida por parte do público.


Dario-Moreira_2

Dario-Moreira


Cabecera-web-ecultura.png