| Mércores 20 de setembro. 2017
| Ás 22:00 h.
| Carpa do Roxy » ver mapa
Xoana e MQM Band.
“Por un galego que derrube fronteiras e estea libre de prexuízos! A música move o mundo e así se marcan os cambios”
Cos seus 18 anos, Xoana está inmersa nun proxecto musical que ten coma principal aliada á lingua galega, promocionando o uso desta coa axuda de ritmos coma o pop, o rock, o jazz, o funky e mesmo o reggae. En proceso está Dardos, o disco co que pretende irromper no mundo da música e utilizar esta coma un medio de denuncia. Todas as cancións xiran arredor de temas actuais que precisan ser escoitados e que mellor que a música para invitar a realizar cambios!